Nace o Movemento Estudantil Universitario, ou cabería dicir renace. Un proxecto con moita ilusión e aspiracións «de seducir, atraer e integrar a estudantes das tres universidades que hai a día de hoxe». Dende o MEU pretendemos ser todos e todas, isto é, un colectivo estudantil aberto a estudantes de todo o país, o cal significa que non é incompatíbel coa túa participación noutras organizacións. Non lle imos mirar o número de carné a ninguén, e menos sen estar aínda constituídos! Iso si, isto tampouco pode ser jauja… hai que organizarse, ter uns principios aos que aterse… e é que ás …
Alegato a Galiza
«A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente, como pode amar un fillo a súa nai. Xamais a traizoaría, aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa até alén da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese. Se non podo até me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, se o tribunal, en conciencia, xulga que debo selo. E este agarimo –permítaseme a única palabra galega no …
iPad, or how to make good business
Situémonos. Estamos en New York, na Quinta Avenida con Central Park. Benvidos á milla do consumismo e das grandes marcas; a Oxford Street, a Rúa Príncipe ou a Gran Vía máis universal. Alí por onde desfilan as señoritas de Sex and the City coas súas compras de Prada e Tiffany’s, mentras os espaldas mojadas agotan os seus días mendigando nas escaleiras de Saint Patrick’s. A rúa máis cara do mundo. A vertebra onde o business se convirte nun auténtico show business americano. E fago este inciso sobre o show business porque é nesta mesma avenida onde o gran artista da farándula yanqui en canto a informática se refire, Apple, presenta o …